O Congreso Anual de Seguridade Industrial de Galicia 2024 terá lugar en Santiago de Compostela, os días 6 e 7 de novembro, no local da Fundación Laboral de la Construción (Rúa Ponte Pedriña Arriba 13. 15705 Santiago de Compostela). Este encontro, organizado polo Colegio Oficial de Ingenieros Industriales de Galicia e pola Xunta de Galicia, reunirá profesionais e expertos do sector para tratar os últimos avances e desafíos en materia de seguridade industrial. A inauguración correrá a cargo do presidente da Xunta de Galicia, D. Alfonso Rueda Valenzuela, destacando a relevancia deste evento para o fortalecemento da seguridade, prevención de riscos e sustentabilidade no ámbito industrial galego.