O Congreso Anual de Seguridade Industrial de Galicia 2025 terá lugar en en A Coruña, os días 26 e 27 de novembro, no Club Cámara Noroeste (Pº Marítimo Alcalde Francisco Vázquez, s/n 15001 A Coruña). Este encontro, organizado polo Colegio Oficial de Ingenieros Industriales de Galicia e pola Xunta de Galicia, reunirá profesionais e expertos do sector para tratar os últimos avances e desafíos en materia de seguridade industrial, destacando a relevancia deste evento para o fortalecemento da seguridade, prevención de riscos e sustentabilidade no ámbito industrial galego.
A inscrición é aberta e gratuita para calquera profesional
Máis información na web do evento

