O ICOIIG solicitará ó Presidente da Xunta a concesión da Medalla de Galicia a Camilo Nogueira

A Xunta de Goberno aprobou o pasado venres 2 de decembro que o Ilustre Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia solicite ó Presidente da Xunta de Galicia a concesión da Medalla de Galicia, na súa categoría ouro, a Camilo Nogueira Román, enxeñeiro industrial colexiado dende hai máis de corenta anos. Camilo Nogueira recibiu unha cálida homenaxe por parte da sociedade galega o pasado día 11 de novembro con motivo do seu oitenta aniversario, na que participaron os portavoces dos catro grupos políticos presentes no Parlamento de Galicia, destacando todos eles o consenso que esperta en toda a sociedade. O ICOIIG desexa lanzar esta iniciativa á que invita a adherirse a tódalas asociacións, colectivos e persoas interesadas en que Galicia recoñeza o perfil político e profesional dunha das persoas sobranceiras da historia da nosa Comunidade Autónoma.
Publicado
Categorías
Delegaciones
Etiquetas
Compartir