Un total de 175 expertos analizarán en Vigo novas fórmulas de eficiencia enerxética para o alumeado público

O auditorio municipal de Vigo acollerá os próximos 24 e 25 de outubro as Xornadas Técnicas Galegas de Iluminación, que congregarán a 175 profesionais e expertos. O obxectivo é difundir os coñecementos máis innovadores sobre a eficiencia e aforro no alumeado que permitan ás administracións un uso enerxético máis eficiente.


Tal e como indicou o alcalde de Vigo, Abel Caballero, na rolda de prensa, Vigo ten que continuar a ser un exemplo de modernidade e estas xornadas servirán para contrastar coñecementos técnicos para que Vigo siga a ser unha cidade “intelixentemente eficiente”. Insistiu o alcalde na “necesidade de escoitar á profesión para ver como se pode facer iluminación máis eficiente”.

Pola súa banda, o concelleiro de Fomento, David Regades, resaltou que Vigo é referente de eficiencia enerxética en Galicia e en España pola posta en marcha de medidas que teñen permitido diminuír o 10% o gasto en iluminación en so un ano. Referiuse á elaboración do mapa lumínico, que facilita unha radiografía exacta de todos os puntos de luz da cidade; á unha nova ordenanza sobre instalacións de alumeado público ou á posta en marcha de enerxías alternativas, como 4 aeroxeradores. Na súa opinión, estas iniciativas determinan o compromiso do Concello co aforro enerxético.

Contido das xornadas 

Pola súa banda, o delegado en Vigo do Colexio de Enxeñeiros Industriais, Roberto Carlos González Fernández, sinalou que “a nosa idea é que estas xornadas se convertan nunha cita anual, que se pon en marcha en Vigo e que despois trataremos de organizar nas demais cidades de Galicia”. Estas primeiras Xornadas Técnicas Galegas de Iluminación están organizadas polo Colexio de Enxeñeiros Industriais de Galicia, polo Concello de Vigo e pola Axencia de Enerxía de Vigo (Faimevi).

Mércores 24 de outubro:
09:15   Acreditación. Recollida de documentación.
10:00   Apertura a cargo do alcalde
alcalde de Vigo, Abel Caballero Álvarez
10:20   “Historia e presente da luz. A eficiencia”. Santiago Erice. PHILIPS-INDAL
11:10   “Iluminación de Túneles. Descarga fronte a Leds”. Diego Antón Gamazo e Jorge Manuel Fanlo, CARANDINI Iluminación
12:00   Pausa. Café.
12:30   “Sostenibilidade, seguridade, eficiencia e economía no alumeado público”. Guillermo Redrado e Andrés Armañanzas, ATP Iluminación.
13:20   “Modelo ESE. A experiencia de Alcorcón”. Fernando Flores Aguilar-Amat. Grupo ETRA.
14:10   Final sesión mañá.
16:30   “Boas praxes para garantir e maximizar a eficiencia das instalacións de alumeado”.  Anna Urbiztondo  e Antonio Santamaría. ARELSA. Armarios Eléctricos, S.A.
17:20   “Sistema de Telecontrol de Alumeado como plataforma de xestión municipal: Smart City”. Raúl Alonso Romero. ImesAPI. Servicios-Movilidad.
18:10   “Ferramentas para a análise e control da eficiencia enerxética”. Carlos Jose Vives Nebot. AFEI, Sistemas y Automatización, S.A
19:00   Fin da xornada.
21:30   Cea de confraternidade. Restaurante Mar de Vigo no Pazo de Congresos Mar de Vigo. Avenida de Beiramar 59. Vigo.
Xoves 25 de outubro:
10:00   “A luz xusta. Eficiencia enerxética no alumeado exterior”. Miguel Ángel Ramos e  Ana Garcia-Baños. SOCELEC Iluminación
10:50   “Aplicación de telemedida e comunicacións ao mundo do alumeado”. Iago Martínez Garrido. EDIGAL Edison Galicia
11:40   Pausa. Café.
12:10   “Protexendo a luz do futuro. Deseño e desenvolvemento de luminarias LED eficientes e fiables”. Jorge R. Lameiro e Miguel A. Silva. SETGA S.L.U.
13:00   “Guía de criterios básicos para aforrar enerxía en alumeado público”. Teresa Núñez e Javier Elizalde. SALVI Iluminación
13:50   Final sesión mañá.
16:30   “A importancia de coñecer o entorno urbano para obter a máxima eficiencia enerxética”.  Juan Ros Casanovas. ROS Iluminación
17:20   Mesa redonda: “Auditorías de alumeado público, ferramentas de desenvolvemento e análise”.
Auditorías: Ana Belén Albo López, FAIMEVI
Desenvolvemento: Modelo servizos enerxéticos.  Jose Luis Álvarez. ENERGYLAB
Análise: simulacións e software de aplicación. Camilo Carrillo González. Universidade de Vigo.
19:00   Clausura polo concelleiro de Fomento, David Regades.
Publicado
Categorías
Delegaciones
Etiquetas
Compartir