ICOIIG adscríbese á homenaxe a Camilo Nogueira

O Ilustre Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia desexa adherirse á homenaxe que a sociedade galega dará ao noso compañeiro Camilo Nogueira o próximo 11 de Novembro no Auditorio de Galicia de Santiago ás 19:00 h, con motivo do seu oitenta cumpreanos.
Camilo ademais de célebre político ten unha notable experiencia como Enxeñeiro Industrial, iniciándose en Citroën e incorporándose no ano 73 á Sociedade Galega de Desenvolvemento Industrial (SODIGA).

Por parte do ICOIIG queremos reivindicar esta faceta profesional, para moitos descoñecida, sendo membro do noso Colexio hai máis de 40 anos. No ano 2015 rendeuse unha homenaxe aos colexiados seniors da Delegación de Santiago, entre os que se atopaba Camilo.
Publicado
Categorías
Delegaciones
Etiquetas
Compartir